O pádel é un deporte de raqueta o cal se xoga sempre en parexa, aínda que pode haber unha variande de 1 vs 1 pero non é o habitual. Este deporte nado en México consta de catro elementos fundamentales: a pala, a pelota, a rede e o xogador.
- REGULAMENTO
En primeiro lugar vamos a falar das instalacións onde se practica este deporte:
- A pista ten unhas medidas de 10m de ancho por 20 de largo, sumando un total de 200m cadrados. Esta pista está separada por unha rede que divide a pista en dous.
- A ambos lados da rede están as lineas de servicio a unha distancia de 6,95
- A linea central de saque prolongarase 20cm.
- As dúas metades do campo teñen que ser simétricas.
- Todas as lineas teñen un grosor de 5cm.
En esta imaxe podemos ver todas as medidas que se contemplan no terreo de xogo. Pero ademais de estas medidas e como característica especial de este deporte os cristales que rodean o terreo tamén teñen unha medida. Nunha pista cuberta a altura mínima ata o teito e de 6 metros, polo que se suxire que a altura mínima libre sea de 8 metros sin ningún elemento como focos que poidan interferir no desarrollo do deporte.
Outro elemento clave neste deporte é a rede a cal ten 10m de largo e 0,88m de alto que se encontra encaixada en dous postes laterales que ten como máximo 1,05 m de alto.
Unha vez xa vimos todas as medidas e todo o relacionado coas instalacións necesarias para desenvolver este deporte vamos a pasar a ver un pouco do reglamento básico do padel:
-Neste deporte sempre se xoga 2 contra 2, e dicir, sempre hai 4 xogadores na pista.
- Para comezar vamos falar do primeiro golpeo de todos que é o saque, co que se inicia o xogo. Este golpeo ten certas regras que debemos de cumprir: debemos realizar o saque tendo os dous pes por detrás da linea de saque,e debemos sacar por debaixo da cintura. Para que o saque sexa válido ten que entrar no cuadrado contrario sempre sacando en diagonal ao noso oponente. Se este pega na rexa e non no cristal de fondo ou lateral o saque será non válido. Se fallamos o primeiro saque temos un segundo o cal se o fallamos de novo será punto para o equipo contrario.
- A puntuación de padel funciona igual que no tenis, cada set está composto de 6 xogos que se irán puntuando en este orden: 15/30/40/ iguales e ventaxa. En caso de empate a 5 xogos deberase ganar por diferencia de dous, pero se se produce empate a 6 xogarase un tiebreak ou desempate.
- Unha das cousas que diferencia o padel de outro deporte de raqueta é a existencia dos cristales ou paredes laterales. Se unha bola pega no suelo e despois no cristal a bola considerase boa pero se a bola pega directamente no cristal será punto para a outra parexa.
- Neste deporte non se xoga con raqueta senón que se denomina pala.
-TÉCNICA
Para comezar vamos a falar da empuñadura da pala, a cal ten o nome de empuñadura continental.
Como podemos ver na imaxe, a empuñadura vai ir variando ao longo do xogo según o golpe que executemos, os cales poden ser de dereita ou de revés. Según como o executemos debemos variar a empuñadura.
Os golpe principal de padel co que se inicia o xogo, será o saque, o cal se executa detrás da linea de saque hacia o campo contrario en diagonal con un bote que sexa antes da linea de saque contraria. Pode ser tanto de dereita coma de revés.
Una vez se inicia o xogo podemos encontrar un número grande de golpes cos que atacamos e nos defendemos do rival. Un grupo de golpes é chamado golpes de fondo os cales se clasifican en:
- Golpe de dereitas: Unha vez nos encontramos en posición de espera como todos os golpes, coas rodillas flexionadas e as dúas mans na pala, impactamos de forma plana a altura da cadeira marcando coa cara da pala a dirección da bola .
- Golpe de dereitas cortada: Neste golpe trátase de dar un efecto a bola deslizando a pala de arriba cara abaixo, dandolle un efecto con rotación a bola. Buscamos un golpe rápido que busque rapidamente o bote e o toque co cristal de fondo.
- Golpe de dereitas liftada: Neste caso a diferencia cos outros dous golpes de dereitas e que o golpeo liftado ten unha traxectoria da pala de abaixo cara arriba dando un efecto a bola con parabola hacia adiante. O seu obxetivo e que a pelota pase a rede de unha forma máis bombeada.
- Saída de parede de dereitas: Este golpe de fondo efectuamolo cando o rival nos envía un globo o cal non podemos rematar e necesitamos un golpe para poder recuperar o ataque na rede. Podemos ser conservadores e tirar un globo buscando a espalda do rival ou buscar un golpe plano e saco intentando gañar o punto dende a fase defensiva ( Antes de nada vamos aclarar ese concepto: En padel existen 2 fases, a fase atacante cando nós estamos na rede buscando un remate ou unha volea para finalizar o punto e a fase defensiva cando o rival nos envía ao fondo da pista e nos temos que buscar golpes defensivos como o glopo na saída de parede)
Unha vez explicados os golpes de dereitas de fondo vamos a ver un por un os golpes de revés, os cales dependendo do xogador se efectúa de distinta maneira xa que algúns ( moi poucos ) fan o revés de padel a dúas mans cousa que se ve moi pouco no padel actual. Estes son o golpes de revés de fondo:
- Golpe de revés plano: É un golpe con recorrido igual ao de dereitas pero que o punto de impacto e o revés da pala, buscamos unha traxectoria plana que sorprenda ao rival para gañar o punto.
- Revés liftado ou Top Spin: É un golpe máis propio do tenis pero que tamén se utiliza en este deporte e no cal a pala entra de abaixo cara arriba buscando que a pelota bote diante do rival con efecto o cal lle vai costar devolver o golpe.
- Saída de parede de reves: Este golpe xa o explicamos de dereitas e este de revés busca o mesmo obxectivo que o outro.
Dentro dos golpes de fondo encontramos outra categoría que se chaman golpes de fondo e no cal encontramos 3 golpes:
- Golpe de doble parede: este golpe sucede cando a bola rebota unha vez na parede lateral e outra na parede de fondo e logo nos efetuamos tanto un golpe de dereitas como un golpe de revés.
- Los giros de padel: esto máis que un golpe son uns movementos que efectúa o xogador para minimizar o consumo de enerxía nos golpeos con rebote en parede, o xogador xira sobre o seu exe para buscar a posición optima de golpeo a hora de efectualo.
- O globo: este golpe defensivo busca a altura máxima posible a espalda de un rival para envialo ao fondo da pista e poder gañar o poderío da rede e ter nós a opción de atacar.
Unha vez finalizamos os golpes de fondo, vamos a explicar os golpes que se poden efectuar na zona atacante, e decir, na rede. Nesta zona encontramos os seguintes golpes:
- A volea: coa volea buscamos un golpe rápido e forte co que acabar a xogada despois de un envío corto do rival ou tamén un toque sutil e suave que despiste ao contrario, pode ser tanto de dereitas como de revés.
- O remate ou smash: Podemos estar a falar do golpe máis difícil de dominar do padel, xa que se necesita de unha coordinación e forza por igual. O remate pódese efectuar en todos os puntos da pista pero canto máis alonxado da rede máis complexo é. O remate busca impactar a pelota no punto máis alto da súa traxectoria no golpe do rival aplicando unha forza tal que o rebote en campo contrario e o segundo rebote no cristal de fondo volva traer a pelota ao noso campo, e dicir, que temos que aplicar unha forza bastante elevada e con unha coordinación de perna e brazo o suficientemente boa como para soltar o golpe de forma efectiva.
- A bandexa ou Smash bandexa: este golpe e tamén complexo e suele realizarse despois de un rebote na parede de fondo. É un golpe potente que busca o impacto coa bola co brazo completamente extendido a altura da cabeza ou un pouco máis arriba.
- A víbora: é un golpe máis ofensivo que a volea e coa diferencia de que se aplica un efecto o cal busca que bote rápido con efecto de cortada.
Unha vez acabamos os golpes na rede queda só un último grupo o cal son os golpes avanzados onde atopamos os seguintes:
- Sacala X3: esto dise cando o remate que efectúa o xogador sae por encima do cristal lateral.
- Sacala X4: denomínase cando o remate sae por encima do crista de linea de fondo sin tocar nel.
- Dormilona: denomínase cando o despois de unha contraparede do rival ( e dicir cando o rival pasa a pelota impactando contra a súa propia parede) e a pelota ven bombeada, nós damos un lixeiro toque e a pelota bota pegada a rede.
- Chiquita: é un golpe suave que sorprende o rival xa que non é o golpe esperado no momento do xogo e na bola que mandou o rival polo cal se volve bastante efectiva.
- TÁCTICA
O primeiro destacable da táctica de padel é que distinguimos dúas fases, como todos xa sabemos o ataque e a defensa. Coas seguintes zonas destribuídas na pista:
O pádel é un deporte onde a táctica está mui presente xa que o talento non chega para gañar neste deporte onde é vital o uso de paredes e a colocación en un espacio reducido. Como xa vimos a colocación é algo vital para o bo desenvolvemento do noso xogo polo cal a posición idonia e principal é a o fondo da pista en área de defensa, situandonos diante das dúas esquinas do fondo e deixando o medio libre xa que é máis doado de chegar ao medio da pista que as esquinas.
Dentro de este apartado podemos destacar unha serie de aspectos tácticos xerales como:
-O deporte é un deporte de paciencia, esperar o fallo do rival e o momento óptimo. Xogar ao límite é unha equivocación xa que solo nos debemos arriesgar cando o punto está ao noso favor.
- Se o rival manda un golpeo á zona central, irá o xogador que máis comodo esté para golpear con unha comunicación previa ao seu compañeiro, suele ser o xogador que golpea de dereitas.
- Dende o saque ata o final do punto debemos manter o control na rede xa que é a forma de presionar a parella contraria asoballandoa con golpes rápidos e efectivos. Dende o saque o máis normal e que unha vez realizado un xogador da parella suba buscar a superioridade na rede.
- Neste deporte teñen unha gran importancia os globos, xa que son a forma de gañar tempo para preparar o ataque. Unha vez que estamos no ataque a mellor forma de tirar un globo é facelo cruzado para despistar a parella contraria e gañar metros ata a rede.
- A nosa parella e eu debemos ser como unha corda imaxinaria que sube e baixa a vez, para ocupara o maior terreo posibel, dependendo da xogada pero case sempre é así.
No hay comentarios:
Publicar un comentario